Calendario do Libro e da Lectura na Biblioteca de Galicia

 

A Biblioteca de Galicia, situada na Cidade da Cultura de Galicia,  bota a andar as súas actividades de 2018 sumándose á celebración das efemérides que se recollen no Calendario do Libro e da Lectura 2018. Deste xeito, tras festexar o Día do Usuario/a o pasado 11 de xaneiro, xa teñen preparados os obradoiros deste inverno para sumarse e sumarvos a todas as datas salientables para fomentar e dinamizar o hábito lector.

Velaquí as actividades nas que podedes participar. Todas son de balde, previa inscrición en www.cidadedacultura.gal

Neste obradoiro achegarédesvos á obra do ilustrador galego Camilo Díaz Baliño, homenaxeado nesta edición do Día da Ilustración. A actividade centrarase nos carteis que realizou para diversas campañas, entre eles os que preparou por encargo do Concello de Santiago de Compostela.

Estas imaxes serán o punto de partida e servirán de motivación e inspiración para que ideedes novos carteis. Deste xeito, na actividade procúrase que comprendades o  papel que desempeñan os carteis na cultura popular; como e por que funcionan; e como podedes chegar a crear un cartel coas vosas propias mans.

Obradoiros de narración oral, impartidos pola coñecida contacontos Paula Carballeira. Con dúas quendas:

  • Primeira sesión: “Elas tres: a Nena, a Raíña e a Bruxa”. Contos nos que elas son as protagonistas.
  • Segunda sesión: “Contos para desafiar Bestas Pardas”. Contos nos que a lectura é a protagonista.
 
 
Unha actividade moi gozosa para conmemorar o Día da poesía. Neste obradoiro poderedes saborear a dozura da poesía, collerlle o gusto, explorala, captar o seu ritmo e tentar comprender o seu saber ao tempo que degustades o sabor dos diferentes chocolates cos que compaxinan os distintos poemas:
 
  • Poemas sólidos: chocolate amargo
  • Poemas frescos: chocolate de menta
  • Poemas inocentes: galletas de chocolate
  • Poemas mestizos: chocolate con leite
  • E moitos máis que estarán na axenda da BdG https://bibliotecadegalicia.xunta.gal/gl no mes de marzo

Malia que haberá un poema para cada categoría, poderedes achegar o seu poema preferido e casalo co chocolate correspondente.

Neste obradoiro, onde construiredes diferentes figuras, algunhas sinxelas e outras máis elaboradas, descubriredes como a beleza desta disciplina está na súa sinxela xeometría.

En cada anaquiño de papel hai patróns xeométricos, combinacións de ángulos e rectas que permiten á folla chegar a ter variadas e interesantes formas. Facer papiroflexia resulta creativo, divertido e económico.

 

 

 

En familia
Santiago de Compostela, 20 de Xaneiro de 2018