Brinca Gaiás: música, danza e teatro para toda a familia

Se gozaches con Pequeclassics, non podes perderte o novo ciclo infantil da Cidade da Cultura de Galicia: Brinca Gaiás, que reúne os mellores espectáculos cos que achegarlle a música, a danza e o teatro a toda a familia.

Humor, risos, sorpresas e, sobre todo, moito divertimento nunha programación que arranca o vindeiro domingo 17 de febreiro con Il Cirque D’Amore, ópera e obra de teatro ao mesmo tempo protagonizada por tres divertidos personaxes que farán soñar a grandes e pequenos. Fragmentos de La Bohéme (Puccini), Il barbiere di Siviglia (Rossini), Don Giovanni (Mozart), L’elisir d’amore (Donizetti), Le nozze di Figaro (Mozart), La serva padrona (Pergolesi) ou Die Zauberflöte (Mozart) soarán nos beizos de Micaela, Pierrot e Figaro ao longo da súa tola aventura.

E tras a ópera, marzo será a quenda do flamenco. O domingo 10, nenos a partir de 3 anos poderán viaxar a Quillolandia da man dun grupo de amigos moi especiais. Isto é Flamenco Kids, un espectáculo que ofrece ao público infantil un concertó didáctico e ameno co flamenco como vehículo estético e rítmo para contar unas historias que chegarán á alma dos nenos e tamén dos pais.

Os bebés volverán ser protagonistas da man de Paulo Lameiro. A cita será o 28 de abril cando a música clásica vaia da man de temas tradicionais, pop-rock e improvisacións vogais-instrumentais nos que o público será partícipe. Cada concertó é unha experiencia de complicidades, onde os sons e os silencios sorprenden a todos. De Monteverdi a Mozar, do cavaquinho aos didgeridoos, intercámbianse espantos e escóitanse suspiros, todo aderezado coa propia iniciativa do espectador.

Todas as sesións de Brinca Gaiás desenvólvense en dúas quendas: 12 e 17 horas e teñen lugar no Centro de Innovación Cultural (CINC). O prezo da entrada é 5 euros máis gastos de xestión e poden adquirirse a través de www.servinova.com ou na billeteira da Cidade da Cultura o mesmo día do espectáculo a 6 euros.

 

En familia
Santiago de Compostela, 12 de Febreiro de 2013
Brinca Gaiás