II Plan Estratéxico da Cidade da Cultura de Galicia 2021-2027

O II Plan Estratéxico Cidade da Cultura de Galicia (2021-2027) prevé un programa de setenta accións que mobilizarán preto de 30 millóns de euros destinados a potenciar a innovación e a creatividade como motores de desenvolvemento de Galicia. Outras metas que fixa este plan son duplicar o valor que o Gaiás aporta a Galicia -acadar un retorno de 2,5 € por cada euro investido-; continuar a tendencia positiva nas visitas nun 40% ao final da vixencia do Plan, chegando aos 1,4 millóns de visitantes dentro de seis anos; e duplicar o número de eventos superando os 500 ao ano.

Esta nova folla de ruta define a dirección a seguir polo Gaiás nunha fase marcada polo remate dos grandes proxectos construtivos e protagonizada pola expansión da actividade. Proba disto é que a nova estratexia prevé 5.000 eventos e actividades culturais no período 2021-2027. Podes consultar aquí máis en detalle as liñas de acción deste novo plan, descargando o resumo executivo do mesmo.

Santiago de Compostela, 17 de Decembro de 2021