A Biblioteca de Galicia xa ten artellada a súa programación familiar para xuño que xirará ao redor das dúas grandes celebracións deste mes:
➖ Día do Medio Ambiente
➖ Día da Música
Para sensibilizar sobre o respecto e protección do medio e para pór en valor o papel que xoga a música nas nosas vidas, tanto no espazo de lecer, de benestar, de cultural e como industria cultural a Biblioteca de Galicia organiza:
- Obradoiro Xogando co medio ambiente | 5 de xuño ás 17 horas. Dirixido a nenos e nenas entre 5 e 11 anos, que elaborarán a súa pasta de dentes artesanal e un cespín. Inscricións, AQUÍ
- Concerto con fusión de Píscore | 19 de xuño ás 18 horas. Dirixido a un público familiar, no que se fusiona música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público, cunha marimba como eixe principal. Inscricións, AQUÍ
Santiago de Compostela, 26 de Maio de 2021
