Zahara, Andrés López de Niños Mutantes, Pablo e Rubén Castelo de Maryland, Sleeping Cat, Rafa Arcos de Manos de Topo e Wild Balbina porán as cancións. E vós, os regalos.
O Centro de Innovación Cultural da Cidade da Cultura acolle o xoves 3 de xaneiro ás 18:00 horas unha nova edición de Cancións por regalos, o concerto solidario no que poder achegarse en familia á música pop á vez que fas feliz aos nenos que máis o necesitan.
Da man de Ernie Producciones, este cartel de luxo interpretará na Cidade da Cultura parte do seu repertorio pop adaptado un formato máis íntimo e para todos os públicos, para que desde os máis pequenos aos que xa non o son tanto poidan gozar coa música. A cambio, o prezo da entrada será o regalo que ti elixas: desde un xoguete ata roupa, libros o que desexes. A ONG Iniciativa Social Berce, que presta especial atención a nenos en situación de desprotección, será a encargada de recollelos e repartilos entre os que máis o precisen nestas datas.
Participa nesta actividade única no que ademais de fomentar a solidariedade e repartir ilusión se busca difundir a música entre todo tipo de públicos. Unha actividade redonda na que todos gañan: ti, unhas cantas cancións para o recordo. E os que máis o precisan, unha grata sorpresa o Día de Reis.

