Asaltos! Á poesía | A música e a palabra que definen os/as púxiles

Os ollos da poesía observan o mundo e a nós cun prisma de moitas cores, mais... vémola nós igual? Neste duelo a tres versos asaltaranse os grandes mitos da poesía, os seus mecanismos de canonización e expansión ou a capacidade dun só verso para construír, desde o minúsculo, un mundo enteiro. Loitarase neste ring co poético e contra a poesía, para extraer dela o maior número de visións: a poesía que mira a música, a poesía que mira o canon, a poesía que mira o slam... 

Para iso, contaremos coa crítica literaria e filóloga Chus Nogueira e os poetas Antón Blanco e Elías Portela, con Silvia Penas, de Cinta Adhesiva, en calidade de árbitro ou réferi. Queres coñecelos un chisco máis antes do ring deste sábado, día 17 de novembro?
Eles descríbense con palabras e coa música, que lles move, motiva e conmove!   

 

 

 

 
Santiago de Compostela, 14 de Novembro de 2018