A Cidade da Cultura faise "breve"

A brevidade é o protagonista deste mes de novembro na Cidade da Cultura a través de Laboratorio de Pensamento Breve, proxecto nado para reflexionar e crear 'pílulas de sabedoría' ou coñecemento en pequeno formato. O artista visual Antón Patiño e o profesor Xosé Manuel Outeiro foron os encargados de abrir, este venres e sábado respectivamente, este peculiar laboratorio donde todo formato breve ten cabida.

Baixo o título "Universo do Instante", Patiño trasladou aos participantes a un mundo visual onde foron xurdindo reminiscencias de autores como Uxío Novoneira, Baudelaire, Chillida, Cartier Bresson ou Lois Pereiro. E con eses autores, frases e conceptos xurdidos coma por parte de maxia. A brevidade na literatura centrou a segunda sesión, celebrada este sábado á mañá, da man do profesor Xosé Manuel Outeiro e una sesión titulada "Contención e Contento", na que incidiu no lema británico "less is more" ou o que é o mesmo: ás veces, 2-1>2+1. Durante o seu relatorio, Outeiriño viaxou a través da historia da literatura e da arte en xeral, aparecendo nomes coma o do Horacio e a súa economía expresiva ou Kandinsky e a súa poética da brevidade visual, e mesmo tocando a filosofía a través de Spinoza ou Séneca. A mesura aplicada á vida seguindo os poemas de Alfonso X, o minimalismo no leixaprén de Valente ou os Haikus de Antón Reixa foron obxecto de análise que se trasladou ao posterior coloquio, onde se tratou como chegar á forma máis que á fórmula e se falou de escalas relativas, da contención, de pórlle límites á propia creación ou ó propio desexo. De chegar á codia das cousas ou chegar á conclusión de que "só se pode chegar ó absoluto a través de fogonazos".

Cada sesión conta cunha espécie de obradoiro criativo final, onde os participantes, en pequeños grupos, levan a cabo as suas propias creacións, que serán recollidas "en breve" nao web da Cidade da Cultura, saí como nas redes sociais.

Unha iniciativa á que a Cidade da Cultura quere convidar á súa comunidade virtual a través de dúas actividades online abertas a todos os públicos.A primeira virá da man de Twitter, a rede social que mellor sabe condensar o pensamento a través de 140 carácteres. Para participar nesta tendencia polo discurso breve, a Cidade da Cultura convida á comunidade virtual a enviar haikus, aforismos ou micropoemas co hashtag #breve á conta oficial @CidadedaCultura. Os mellores serán colgados no noso Facebook, onde se abrirá unha votación pública para elixir as mellores pílulas de sabedoría enviadas. A actividade na rede conta cunha segunda proposta: gravar en calquera formato vídeo o teu refrán favorito, estraño, curioso
ou o que ti queiras, e o envíes a online@cidadedacultura.org. De entre todos os enviados elixirase por votación popular no Facebook o preferido polos seareiros da Cidade da Cultura.

Letras & Pensamento
Santiago de Compostela, 14 de Novembro de 2011