Moda sostible inspirada nas nosas avoas

Confeccionar roupa con plástico PET e recuperar a nosa memoria téxtil. Esta combinación xa é unha realidade grazas ao traballo de Latitude, Contemporary Fashion Makers, que participan na exposición Con-Fío en Galicia cun proxecto co que lembrar, coñecer e tocar a partir dos traxes de dúas avoas reinterpretados con novos tecidos innovadores e sostibles.

Avoas, instalación situada ao final de Con-Fío en Galicia no segundo andar do Museo Centro Gaiás, ofrécelle aos visitantes novas propostas froito da innovación e a tecnoloxía, logrando unha moda máis respectuosa co planeta. Unha ollada cara ao futuro que tamén mira ao pasado, reproducindo en novidosos materiais vestidos dos anos 40 e 50, que pertenceron a mulleres reais.

A instalación ofrece, xunto á fotografía de cada avoa co vestido orixinal, a súa reproducción –feita en Galicia- con materiais que van desde o algodón ecolóxico ao poliéster reciclado a partir de botellas de plástico PET. Así, o vestido negro dos anos 50 pertencente a Dolors Arnalich, modista e profesora de corte e confección, exhíbese reproducido en algodón orgánico, cultivado sen o uso de pesticidas nin produtos tóxicos. Pola súa banda, Aurelia Muñoz, dona de casa aparece co seu vestido azul mariño dos anos 40 de satén de seda xunto á súa reproducción en poliéster reciclado, unha fibra procedente de proceso de reciclaxe mecánica de botellas de PET postconsumo, íntegramente procesado en Europa.

A instalación de Latitude, proxecto que pretende contribuír á reindustrialización téxtil de Galicia e atraer produción con concepto made in Europe baseado na sustentabilidade en todo o seu ciclo, conta ademais cunha dimensión táctil, cun panel que permite experimentar os tecidos utilizados na época cos novos materiais sustentables e que conta coa colaboración de Viaqua. Unha oportunidade única para coñecer a moda que vén sen esquecerse do feito ata o de agora. 

Exposicións & Intervencións
Santiago de Compostela, 11 de Maio de 2016
Con-fio en Galicia