A Biblioteca de Galicia, situada na Cidade da Cultura de Galicia, bota a andar as súas actividades de 2018 sumándose á celebración das efemérides que se recollen no Calendario do Libro e da Lectura 2018. Deste xeito, tras festexar o Día do Usuario/a o pasado 11 de xaneiro, xa teñen preparados os obradoiros deste inverno para sumarse e sumarvos a todas as datas salientables para fomentar e dinamizar o hábito lector.
Velaquí as actividades nas que podedes participar. Todas son de balde, previa inscrición en www.cidadedacultura.gal:
Neste obradoiro achegarédesvos á obra do ilustrador galego Camilo Díaz Baliño, homenaxeado nesta edición do Día da Ilustración. A actividade centrarase nos carteis que realizou para diversas campañas, entre eles os que preparou por encargo do Concello de Santiago de Compostela.
Estas imaxes serán o punto de partida e servirán de motivación e inspiración para que ideedes novos carteis. Deste xeito, na actividade procúrase que comprendades o papel que desempeñan os carteis na cultura popular; como e por que funcionan; e como podedes chegar a crear un cartel coas vosas propias mans.
Obradoiros de narración oral, impartidos pola coñecida contacontos Paula Carballeira. Con dúas quendas:
- Primeira sesión: “Elas tres: a Nena, a Raíña e a Bruxa”. Contos nos que elas son as protagonistas.
- Segunda sesión: “Contos para desafiar Bestas Pardas”. Contos nos que a lectura é a protagonista.
- Poemas sólidos: chocolate amargo
- Poemas frescos: chocolate de menta
- Poemas inocentes: galletas de chocolate
- Poemas mestizos: chocolate con leite
- E moitos máis que estarán na axenda da BdG https://bibliotecadegalicia.xunta.gal/gl no mes de marzo
Malia que haberá un poema para cada categoría, poderedes achegar o seu poema preferido e casalo co chocolate correspondente.
Neste obradoiro, onde construiredes diferentes figuras, algunhas sinxelas e outras máis elaboradas, descubriredes como a beleza desta disciplina está na súa sinxela xeometría.
En cada anaquiño de papel hai patróns xeométricos, combinacións de ángulos e rectas que permiten á folla chegar a ter variadas e interesantes formas. Facer papiroflexia resulta creativo, divertido e económico.


201.93 KB |