Aluguer de espazos na Cidade da Cultura

A Cidade da Cultura ofrécelle o espazo perfecto para convertir o seu evento nunha experiencia única. O Museo Centro Gaiás, a Biblioteca e Arquivo de Galicia, o Centro de Emprendemento, o Centro de Innovación Cultural e os espazos exteriores ofrecen diferentes escenarios e ambientes que é posible alugar para eventos privados.

Deste xeito, a arquitectura de Peter Eisenman ponse ao seu servizo para facer desa conferencia, charla, congreso, presentación ou cóctel moito máis que iso. Durante o 2014, empresas, colectivos e institucións confiaron no complexo do Gaiás para celebrar un total de 345 eventos, o dobre que no 2013. Unha tendencia á alza que confirma que a forza arquitectónica e o equipamento dos edificios converten á Cidade da Cultura no escenario perfecto para calquera acto.

De entre os seus espazos, a Cidade da Cultura ofrece a posibilidade de alugar:

  1. Biblioteca e Arquivo de Galicia: auditorio e dúas salas.
  2. Centro de Innovación Cultural:  dous auditorios, hall e salón de convencións.
  3. Museo Centro Gaiás: andar -1 e hall de tirantes.
  4. Centro de Emprendemento: Sala Eisenman.

Para saber as características de cada espazo, consulten o Catálogo de espazos na área de descarga.

 

 

Santiago de Compostela, 24 de Abril de 2015