Auga Doce é unha mostra especial para os que aprecian a sinxeleza e o auténtico da vida e se deixen levar pola beleza que agocha. A auga, un elemento tan extraordinario, doado e vital, cobra una presencia fermosa en Auga Doce.
Auga Doce convida a un persoal paseo polas beiras dalgúns dos ríos máis sobranceiros do mundo: dende a diversidade amazónica coas súas bolboretas ata o marcado carácter histórico do Danubio, pasando pola espiritualidade do Ganges ou o ritmo musical do Mississippi. O Miño pódese “escoitar” e as ‘Ninfas do Miño’ acompáñannos no noso percorrido!
Emocióname o deus da choiva Txaloc, a inxenuidade esquimó, a cor australiana, a minuciosidade do gravado de Piranesi, a delicadeza dos nenúfares de Roelofs, a tensa quietude de Alfred Basel, a denuncia artística de Daniel Canogar, o requintado dos aparellos científicos da Universidade de Coimbra, a rotundidade de Susana Solano, a explosión colorista de Ritcher, a minuciosidade das bágoas-pingas de Perianes, a mestría de Constable, a sutileza de Carmen Laffon, a sabiduría ancestral dos zahorís, o amencer oriental de Atul Bhalla, … e non podería parar até rematar a listaxe completa.
Por iso, simplemente quero convidarvos a que vos acheguedes ao Museo Centro Gaiás e vos deixedes envolver no placer estético desta nova mostra. Grazas e benvidos a Auga Doce!
María Pereira
Directora de Acción Cultural da Cidade da Cultura e de Auga Doce
