O Balbino de Díaz Pardo

« Eu son... Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre»

Esta primeira semana de xaneiro celébrase 60 anos da saída do prelo de «Memorias dun neno labrego» unha novela de denuncia social de Xosé Neira Vilas, publicada na Arxentina pola editorial Follas Novas en 1961. E 1968, coincidindo co Día das Letras Galegas, saíu a segunda edición en Ediciós do Castro, con ilustracións de Isaac Díaz Pardo, que podedes ver na exposición As miradas de Isaac, no Museo Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.

Na actualidade, xa van 35 edicións con máis de 700.000 exemplares. Está traducida ao alemán, ao sueco, ao romanés, ao ucraíno, ao búlgaro, ao esperanto, ao checo, ao maia, ao ruso e conta ademais cunha edición en Braille, o que o converte no libro escrito en galego máis traducido e editado.

Santiago de Compostela, 07 de Xaneiro de 2021