#EAN15: publicada a listaxe das 40 persoas seleccionadas para participar no XV Encontro de Artistas Novos

Xa está publicada a listaxe definitiva cos nomes dos 40 creadores e creadoras emerxentes seleccionadas para participar no XV Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia, #EAN15. Nesta residencia artística no Gaiás –que terá lugar entre o 24 e o 28 de agosto- poderán presentar o seu proxecto creativo, así como intercambiar experiencias profesionais con outros artistas emerxentes e consolidados, comisarios ou prensa especializada.

Impulsado pola Xunta de Galicia, o Encontro de Artistas Novos promove a creación contemporánea e o intercambio de coñecemento. Nas pasadas 14 edicións presentaron os seus traballos no EAN máis de 800 creadores, entre eles recoñecidas figuras como Jorge Perianes, Lois Patiño ou Nuria Güell, que naquel momento comezaban a abrirse paso no mundo da arte. 

Listaxe definitiva de persoas seleccionadas

  • Arboledas, Javier
  • Artiles, Raúl
  • Ayerra, Silvia
  • Bermúdez, Isabel
  • Chaparro, Sara
  • Daga, Sofía
  • Del Río Bermúdez, Carlos
  • Estivariz, Yone
  • Fernández, Celina
  • Fernández Díaz, Eva
  • García Burgos, Emilio
  • García Urquijo, Esther
  • Gil Corona, Saúl
  • Gil Martínez, Alicia
  • González González, Alma
  • Herreros Rodríguez, Hodei
  • Iglesias, Petra
  • Jiménez, Lissette
  • Lamiña, Henry
  • Lara, Diego
  • Larios, Teresa
  • Lasso, Nathalia
  • Lisbona, Paula
  • Mañas, José Eugenio
  • Meana, Telmo
  • Merhi, Yucef
  • Mir Tort, Lucía
  • Mosquera, Andrea
  • Olarte, Manuel
  • Pardal, Mateo
  • Pardo, Fali
  • Paz, Giulia
  • Perdiguero Trillo, Juan
  • Pereira Gómez, María
  • Pita Vidal, Manuela
  • Rodríguez, Iago
  • Russo Pons, María Octavia
  • Sáez Pradas, Fernando
  • Sánchez López, María
  • Trapote, Irene

 

Santiago de Compostela, 13 de Xuño de 2025