No Age e Hayvanlar Alemi tocarán no Gaiás

A banda californiana No Age e os turcos Hayvanlar Alemi actuarán no Gaiás dentro de Ruído de Fondo, unha iniciativa que explora as diferentes caras da arte sonora a través de concertos, performances, conferencias e workshops. Ademais, a artista norteamericana Alyce Santoro porá son á moda galego con prendas e complementos realizados en colaboración con músicos e deseñadores do país.

Ruído de Fondo arrancará o 24 de xullo co concerto de Hayvanlar Alemi, que presentarán a súa divertida amalgama de psicodelia, rock, folk, ska, ritmos tailandeses e surf. Será na sala de columnas da Biblioteca de Galicia, ás 22.00h.

O 18 de agosto será a quenda do dúo composto por Dean Spunt e Randy Randal (No Age), que, a partir das 22.00h., inundarán a praza exterior do Gaiás co seu crepitante son. Con seu último disco baixo o brazo, Everything in Between, os californianos convertéronse nunha referencia do rock independente.

As entradas para ambos concertos estarán á venda desde hoxe en www.servinova.com a un prezo de 5 euros máis gastos de xestión.

Pero Ruído de Fondo non serán só concertos: ademais, ofrecerá proxectos artísticos experimentais vinculados ao son, como o “traxe sonoro” que a norteamericana Alyce Santoro realizará en colaboración con deseñadores e músicos galegos. Para facelo, utilizará o Sonic Fabric, un tecido 50% algodón 50% cinta de casete reciclado que, ademais de elegante e duradeiro, es audible. Así, esta artista multidisciplinar invitará a aos músicos galegos a que lle envíen arquivos sonoros cos que despois se confeccionarán prendas ou complementos de moda.

Ruído de Fondo é unha aposta decidida polas novas formas de expresión artística que che permitirá achegarte a algunhas das propostas musicais e artísticas máis arriscadas do panorama actual. Apetéceche descubrilas? Non che deixarán indiferente.

Música & Escena
Santiago de Compostela, 06 de Xullo de 2011