Luz Casal actúa este venres en Santiago de Compostela

Este venres, 22 de xullo, ás 22.30h., a Praza da Quintana ponse de gala para recibir a unha das artistas galegas máis recoñecidas e queridas: Luz Casal, que repasará unha traxectoria chea de éxitos nun concerto organizado pola Cidade da Cultura de Galicia.

Co motivo do Ano da Música, e dentro do apartado Sumar do programa de acción cultural da Cidade da Cultura de Galicia, a cantante achegará ao público a súa particular visión do bolero latinoamericano, ao que rende homenaxe no seu último disco, La Pasión.

Este duodécimo traballo da artista, natural de Boimorto, supón unha viaxe ao pasado, no que a artista fai seus clásicos da canción como Sombras, Historia de un amor ou Alma mía.

Luz Casal, que na súa carreira colleitou grandes éxitos como Loca, Te dejé marchar, No me importa nada, Piensa en mí, ou Un año de amor, encherá a Praza da Quintana coa súa elegancia e a súa exquisita voz.

As entrada para este concerto, enmarcado nas Festas do Apóstol de Santiago de Compostela, están xa á venda en servinova.es.

Música & Escena
Santiago de Compostela, 18 de Xullo de 2011