Envío de proxectos

Envío de documentación

Todo aquel que, de forma individual ou colectiva, desexe achegar as súas ideas e propostas culturais, pódese remitilas á Fundación Cidade da Cultura de Galicia a través do formulario de contacto que se atopa á dereita desta mesma páxina.

As propostas presentadas deberán estar deseñadas de xeito específico para os espazos do Gaiás, tanto na súa forma como no seu contido. Cada persoa ou colectivo poderá presentar ata un máximo de dúas propostas anuais, que deberán estar redactadas en galego, castelán ou inglés, e que terán que ir acompañadas da seguinte documentación:

  • Formulario do proxecto:
    • Nome do proyecto
    • Tipo de proxecto
    • Nome da empresa / particular
    • Datos de contacto: enderezo + teléfono + mail
  • Información sobre o desenvolvemento do proxecto
  • Presuposto desagregado do proxecto
  • Breve traxectoria profesional da persoa ou colectivo responsable do proxecto

A documentación completa terá unha extensión máxima de 30 follas e 5 MB, en formato PDF. Non se aceptarán envíos por correo ordinario ou mensaxeiro.

A participación neste proceso supón a aceptación das bases da metodoloxía establecida. Quedarán excluídas as iniciativas que non cumpran os requisitos descritos neste protocolo.

Valoración de propostas

O Departamento de Acción Cultural recollerá durante todo o ano as propostas culturais recibidas, clasificándoas e elaborando informes técnicos das mesmas. A Comisión de Valoración de Proxectos reunirase ata un máximo de catro veces cada ano para avaliar as iniciativas presentadas, comunicándolles as resolucións por escrito aos responsables de cada un dos proxectos (tanto se foron seleccionados como se non).

Neste proceso de valoración terase en conta exclusivamente a información achegada polo individuo ou colectivo. Malia isto, a Fundación Cidade da Cultura resérvase a posibilidade de comunicarse de forma puntual e persoal co responsable ou responsables dos proxectos para afondar no coñecemento do proxecto ou aclarar dúbidas.