As Residencias artísticas REGA da Cidade da Cultura de Galicia déronlle acubillo e pulo creativo ao proxecto «Formas da apariencia», conformado por tres pezas de vídeo arte que foron gravadas no Museo Centro Gaiás e coas que botou andar o 22 de abril na Coruña o Resis Festival, especializado en música contemporánea.
Neste proxecto coreográfico - performativo exploráronse os límites do corpo a través do movemento de dous bailaríns introducidos total ou parcialmente dentro de dúas pezas de roupa. O lugar de traballo foi o espazo reducido desas pezas de roupa; o limite corporal fronte ao do tecido que o envolve, fronte aos cánones ou estereotipos que o aprisionan.
A composición musical guiou e motivou os movementos que xurdiron dunha pulsión do corpo entregado ao son, nun achegamento estético á escultura ou á danza.
Esta videoinstalación de Verónica Vicente, que tamén se proxectará no Gaiás dentro da programación do Día dos Museos, pretende agudizar a crítica sobre o corpo que é pensado para os demáis, a excesiva preocupación sobre a fachada e a imaxe que proxectamos.
EQUIPO ARTÍSTICO:
- Creación visual : Verónica Vicente
- Dirección musical: Hugo Gómez-Chao
- Performance: Colectivo Glovo (Esther Latorre e Hugo Pereira)
- Improvisación ao violonchelo: Macarena Montesinos
Imaxes: Da propia videoinstalacion e de Óscar Corral durante os ensaios da estadía creativa no Museo Centro Gaiás.

