Non sempre os Reis Magos chegaron de Oriente, polo menos en Galicia. Houbo un tempo no que os agasallos máis agardados do ano procedían de Suíza, Alemaña ou A Arxentina, daqueles países onde os emigrantes enviaban á casa radios, máquinas de fotos ou mesmo os primeiros ordenadores, un catálogo de anovadores artigos que revelaba o progreso acadado polos que marcharan na procura de oportunidades.
Estes agasallos supuxeron moitas veces a descuberta de trebellos descoñecidos ou difíciles de obter en Galicia. A exposición Galicia un relato no mundo, no seu percorrido polas historias da diáspora, ofrece unha escolma de obxectos que un día resultaron comodidades útiles e prácticas, pero que moitos anos despois seguen a brillar na nosa memoria impregnados dos afectos que traen sempre as Noites de Reis
