A banda sonora do segundo ring de Asaltos! Á letra: Tradución

Preparadas e preparados para o segundo combate creativo de Asaltos? Este sábado, día 10, contaremos con tres mulleres no cuadrilátero da Cidade da Cultura de Galicia nun duelo autoras Versus tradutoras con Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil; María Seisdedos, Premio Nacional de Tradución e tradutura ao galego da mítica serie Shin Chan e co-tradutora do Ulises de Joyce; e a tradutora hispano-italiana Sara Marguerita Cavarero.

Queredes coñecelas mellor antes de velas en plena accion enriba da lona do Auditorio Neira Vilas, da Biblioteca e Arquivo de Galicia? Elas mesmas se autodefinen e non só con palabras, senón con música!

 Premede na imaxe; poñede os auriculares (ou non); situade o volume no nivel que máis vos preste e gozade a banda sonora que lles motiva, move e conmove aos nosos e nosas púxiles desta fin de semana de #Asaltos! Vémonos este venres, día 9,  ás 17.30 horas e o sábado día 10, ás 12 horas, no Auditorio Neira Vilas, da Biblioteca e Arquivo de Galicia.

Santiago de Compostela, 08 de Novembro de 2018