A Cidade da Cultura xa está en Instagram! E para celebralo, poñemos en marcha o concurso #gaiaseninstagram da man de Blu:Sens para elixir a mellor fotografía do complexo deseñado por Peter Eisenman.
Modificación das bases
Participar é moi sinxelo: Toma unha imaxe da Cidade da Cultura e súbea na túa conta de instagram baixo o hashtag #gaiaseninstagram e mencionando a nosa conta oficial (@cidadedacultura).
Debido a diversas queixas de usuarios participantes e a denuncia de posibilidades irregularidades cos 'likes', a Cidade da Cultura decidiu modificar a forma de elixir a imaxe gañadora. Co obxectivo de garantir que todos os participantes estean nas mesmas condicións, será a Cidade da Cultura e Blu:Sens os que elixan cada mes o gañador.
A foto elixida convertirase na imaxe do mes e conseguirá un móbil Smart Trendy, o teu Smartphone libre con pantalla IPS de 4,3”, Quad core e Android 4.1 da man de Blu:Sens.
Consulta as bases na área de descarga e participa!

1.31 MB |