Escenas do cambio 2021 reúne 8 creadoras galegas de éxito

Escenas do cambio 2021 [Do 18 ao 21 de febreiro] xunta nun mesmo festival a oito mulleres creadoras galegas que están a triunfar dentro e fóra das nosas fronteiras co teatro e coa danza: Marta Pazos, Ana Vallés, Begoña Cuquejo, Nurisa Sotelo, Kirenia Martínez, María Roja, Clara Ferrão e Paula Quintas. Un número e un éxito que reflicte a calidade do seu traballo, que ides comprobar na Cidade da Cultura de Galicia en:

  • «Sincro» de VOADORA

Marta Pazos abre ao público aspectos íntimos da súa vida, nun chanzo temático valente e diferente con respecto á traxectoria desta premiada compañía, que ten a deferencia de facer a súa estrea en España neste festival.

 

 

 
  • «El diablo en la playa» de MATARILE teatro

Sobre o caos feito orde, a través da orde persoal de dúas mulleres e actrices únicas como son Celeste González e Claudia Faci. Un luxo de teatro fóra do teatro   

 
 
 
  • «Escenas en danza»

Peza creada 'ex profeso' para este certame por seis das mellores bailarinas galegas con coreografías que se unirán coa contorna ao aire libre do Gaiás, creando unha composición efémera e irrepetible polo espazo.

 

 


Entradas á venda en febreiro para estas e as oito obras que compoñen a programación en bit.ly/Escenasdocambio2021 | www.escenasdocambio.org

Santiago de Compostela, 21 de Decembro de 2020