A banda sonora do verán pona Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos ao aire libre que os xoves, venres e sábados de xullo e agosto nos trae á praza central da Cidade da Cultura as mellores bandas do momento. Esta sétima edición terá un intenso sabor galego, con actuacións en pequeno formato de Triángulo de Amor Bizarro, Malandrómeda, Familia Caamagno, Músculo!, Terbutalina ou Víctor Prieto.
Atardecer no Gaiás 2017 contará con outros artistas punteiros do panorama nacional e internacional como C. Tangana, un dos grandes nomes do rap actual; o pop en catalán de Manel; a gañadora de dous Grammys latinos, Carla Morrison; o tecno pop de Hidrogenesse ou o trovador brasileiro Gustavo Almeida. E, por segundo ano consecutivo, tres sesións de cine ao aire libre coa música como protagonista. Un verán máis, desexarás que se poña o sol!
PROGRAMA
XULLO
XOV 6 | Malandrómeda
VEN 7 | Fasenuova
SÁB 8 | Carla Morrison
XOV 13 | Alfonso Espiño DJ + Cine ao aire libre 'Eight days a week'
VEN 14 | Boogarins
SÁB 15 | Familia Caamagno
XOV 20 | Bareto
VEN 21 | C.Tangana
SÁB 22 | Gustavo Almeida
XOV 27 | Víctor Pieto
VEN 28 | Músculo!
AGOSTO
XOV 3 | Rafa Morcego DJ + Cine ao aire libre 'Quadrophenia'
VEN 4 | Manel
SÁB 5 | Espanto
XOV 10 | Boyanka Kostova
VEN 11 | Hidrogenesse
SÁB 12 | Terbutalina
XOV 17 | DJ + Peli Sorpresa
XOV 24 | Kikagaku Moyo
VEN 25 | Nudozurdo
SÁB 26 | Triángulo de amor bizarro
Máis info en www.atardecernogaias.gal.
