A beleza da ruína | Ángela de la Cruz en «Os brancos segredos do seu ventre»

Na exposición «Os brancos segredos do seu ventre» é importante a presenza de artistas galegos e galegas con proxección internacional, como Ángela de la Cruz, Premio Nacional de Artes Plásticas e candidata aosTurner, os galardóns de arte máis coñecidos e prestixiosos do Reino Unido que outorga anualmente a Tate de Londres.
 
As creacións da artista coruñesa son sempre unha proposta radical, emocional e anticanónica. A pesar da sensación de desastre ou esgazadura, hai beleza na ruína e hai unha calma terrible que indica que algo aínda latente pasou.
 
Vinde admirar esta pintura feita escultura ao Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, dentro da selección cromática dos fondos da Fundacion Rac Roson Arte Contempáraneo, realizada pola crítica de arte e comisaria da mostra, Bea Espejo.
 
A entrada é libre e de balde de martes a domingo, con horario ininterrompido de 10 a 20 horas sen necesidade de reserva. Só tedes que facer inscrición se queredes afondar nesta exposición co noso persoal de guías.
 
Premede nesta ligazón para reservar paza para as visitas comentadas co persoal de guías da Cidade da Cultura. Son tamén gratuitas.
 
Exposicións & Intervencións
Santiago de Compostela, 23 de Xuño de 2021