A pola #MuseumWeek 2016!

Desde este luns, 28 de marzo, ao domingo, 3 de abril, a Cidade da Cultura participa por segundo ano consecutivo na Museum Week, a festa da cultura en Twitter. Durante sete días, a Cidade da Cultura conversará a través de 140 caracteres cos seus usuarios en forma de sete etiquetas coas que desvelar os seus lugares ocultos, as persoas que o fan posible, o seu patrimonio ou o seu futuro.

Desde a Cidade da Cultura convidamos a todos os usuarios en redes sociais a sumarse a esta conversa e preguntarnos sobre todo o que queiran saber do complexo do Gaiás como institución cultural. Pendentes da vosa participación, isto é o que temos preparados para vós:

28 MAR | #secretsMW. Baixo esta etiqueta, trataremos de darvos a coñecer todos aqueles lugares que permanecen alonxados da vista do público xeral. Que agocha o subsolo do Gaiás? Este luns poderedes coñecer algún deses segredos.

29 MAR | #peopleMW. Para que unha institución cultural funcione é preciso un equipo humano que o faga posible. Este martes trataremos de poñerlle nome e cara a todas as persoas que participan na engranaxe do Gaiás. Falamos das persoas de contabilidade, os guías, as persoas responsables de exposicións, as de eventos, da tenda do Museo, comunicación... pero tamén o persoal de limpeza, seguridade, cafetería...

30 MAR | #architectureMW. A estas alturas xa case todo o mundo sabe que a Cidade da Cultura é un proxecto do arquictecto americano Peter Eisenman e que está composto por cinco edificios: a Biblioteca e Arquivo de Galicia, o Museo Centro Gaiás, o Centro de Emprendemento, o Centro de Innovación Cultural e as Torres Hejduk. Pero ao longo desta xornada, aproximarémonos ás novas zonas que integrarán o complexo: do Bosque de Galicia ao Xardín Literario e algunha que outra novidade.

31 MAR | #heritageMW. O patrimonio que alberga o Gaiás, tanto físico como online, será o tema central deste xoves, no que nos mergullaremos especialmente no corazón da Biblioteca e Arquivo de Galicia.

1 ABR | #futureMW. A curto, medio e longo prazo. O venres tentaremos trasladarvos cales serán os eixes que marquen o futuro do Gaiás, cunha especial atención ao Centro de Emprendemento e aos máis de 50 emprendedores que están a desenvolver alí os seus proxectos de futuro.

2 ABR | #zoomMW. Desde a Museum Week convídanos a poñer o foco sobre algún dos contidos culturais de cada institución para descubrilo desde novas ópticas. Na Cidade da Cultura centrarémonos na exposición Con-Fío en Galicia, que pode visitarse ata o 11 de setembro no Museo Centro Gaiás, da que iremos debullando algunhas das mellores anécdotas e historias curiosas das súas case 300 pezas.

3 ABR | #loveMW. O domingo será o voso día. O momento en que todos os usuarios compartades connosco cales son os lugares que máis vos gustan do Gaiás, que actividades son as vosas preferidas, cales vos gustaría que se repetisen ou cales queredes que se celebren.

Este luns, a partir das 10 da mañá, comezaremos esta intensa semana de diálogo en Twitter. Recordámosvos que podemos conversar a través do perfil @CidadedaCultura e baixo o hashtag #MuseumWeek, ademais dos sete específicos. Museum Week, alá imos!

 

Santiago de Compostela, 27 de Marzo de 2016

Comentarios

So why not take their current interest and
turn it into a powerful learning resource.

are all profitable niches when it comes to inline marketing.
Unfortunately, despite the trends, most people really do not know what web
2. 0 is based on social communication, to sell a product
or service you need to be convincing and soft rather than harsh.
The truth of the matter is that blogs can be shaped into whatever
you, the author, want them to be. Listeners can retain audio archives to listen to
at their leisure.

Also visit my web-site web 2.0 footprints - http://scrapebox-footprints.blogspot.nl/