Comeza a vacinación da covid-19 e da gripe na Cidade da Cultura

A Consellería de Sanidade elixiu a Cidade da Cultura como un dos puntos da vacinación en grandes recintos para a campaña contra a gripe e a covid-19. Desde o mércores 30 de outubro de 2024 estáse a convocar na Sala Eisenman, con acceso desde os aparcamentos 1 e 2. A vacinación realizarase de luns a sábado en horario de 9 a 14 h e 15:30 a 21 horas.

Plano acceso Sala Eisenman

O departamento sanitario galego citará, en primeiro lugar, á poboación con idade entre 70 e 79 anos, o que supón ao redor de 292.000 persoas, así como ao persoal sanitario e sociosanitario que non fora vacinado ata agora. Máis información, premendo nesta ligazón ou na páxina do SERGAS.

Santiago de Compostela, 30 de Outubro de 2024