Novembro: mes da ciencia

Na cociña, no baño, no colexio, no parque... A ciencia forma parte da nosa vida cotiá aínda que non nos deamos conta. Para demostralo, novembro convértese no mes da ciencia na Biblioteca de Galicia a través de tres obradoiros e unha peza teatral cos que achegarlle a ciencia á sociedade como unha iniciativa creativa de lecer.

Cada sábado de novembro, unha experiencia científica

O mes da ciencia comezará o 8 de novembro cunha peza teatral para toda a familia na que os máis pequenos resolverán situacións cotiás a través de argumentos científicos e rigorosos que nos deixarán coa boca aberta. Trátase da obra Que traballo tan curioso!, unha iniciativa da Unidade de Cultura Científica CSIC-Galicia que combina simpáticos diálogos, entretemento e diversión.

E tras o inicio teatral, a Biblioteca de Galicia contará con tres obradoiros científicos pensados para o público infantil e xuvenil. O sábado 15 de novembro, a partir das 17 horas, rapaces a partir de 16 anos daranse un auténtico Banquete nun castro. Así, ademais de imaxinar os diferentes pratos dun menú da cultura castrexa, os participantes poderán fabricar a súa propia peza de vaixela cos materiais da época.

O 22 de novembro será a quenda dos máis pequenos. Nenos de 6 a 12 anos experimentarán coa Sal de mesa nos océanos, onde mediante sinxelas probas con augas de diferentes cores descubrirán o funcionamento dos oceános.

A última das actividades científicas terá lugar o sábado 29 de novembro. Rapaces de 12 a 16 anos abordarán o Cambio climático. Experimentando con CO2, seguindo a pegada do carbono na Terra, recoñecéndoo e descubrindo como se forma.

Todas as actividades son de balde e comenzan ás 17 horas na Biblioteca de Galicia. A obra de teatro ten entrada libre mais para participar nos obradoiros é preciso inscribirse previamente.

En familia
Santiago de Compostela, 14 de Outubro de 2014