[**]
Encadernar o teu primeiro libro, tamén editalo e incluso darlle vida con trebellos cotiás! Istó é só un bocadiño das moitas das actividades que ten argalladas a Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, para este inverno, que arranca este sábado, 25 de xaneiro, con A vida secreta dos obxectos, que xa ten todas as prazas cubertas. No entanto, queda moita programación aínda e para todas as idades ata finais de marzo, na que atoparás todo un acubillo divertido para as fins de semana desta estación coas que vas espernexar frío, maxín, creatividade e clixés.
Así, entre os andeis da Biblioteca de Galicia vas ter a oportunidade de aprender a encadernar sen necesidade de pegamento e sen costuras, pero tamén afondarás nas técnicas tradicionais usadas antigamente para protexer os escritos e os pergamiños. Esta aprendizaxe, partillada en dous obradoiros para maiores de 16 anos, completarase con outras igual de divertidas, pero xa pensadas para a túa cativada ou para un plan de toda a familia.
Así, pequenos e pequenas vanlles dar outros finais a contos clásicos, co obxecto de que sexan capaces de rachar perspectivas de xénero e clixés sexistas, que as historias tradicionais teñen perpetuado a través de relatos estereotipados.
Ademais, en Mai, Mai [teatro para todos os públicos] vas poder gozar en familia dunha sensible e terna obra teatral, onde se mestura o amor, a codicia, o éxito e a concienciación medioambiental. Unha historia que fala de revolución, que plasma o empoderamento da muller e nos fará meditar sobre o que estamos a facer con nós e co noso planeta.
Olla o plan e faite coa praza [ Lembra! todas son de balde, pero tes que inscribirte]:
- Obradoiro |Introdución á encadernación | 8 de febreiro
- Obradoiro | Encadernación con cosido | 15 de febreiro
- Obradoiro | Do maxín á imprenta | 29 de febreiro
- Obradoiro | Contos vellos novos finais | 7 de marzo
- Mai Mai | Baobab Teatro | 22 de marzo
[**A imaxe é unha animación con obxectos cotiás de OQO filmes, que imparte un dos obadoiros]
