O teu alumnado pode coñecer polo miúdo as exposicións «Faraón. Rei de Exipto» e «Os brancos segredos do seu ventre» como se estivese pecorréndoas polo mesmo Museo Centro Gaiás, da man dos nosos/as guías sen saír da aula!!
A Cidade da Cultura de Galicia abre hoxe o prazo de inscrición dos centros escolares para participar nas visitas didácticas por videoconferencia estas dúas mostras para estudantes de Educación primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.
Dispoñibles dúas quendas as mañás dos martes a venres do 13 de abril ao 18 de xuño, previa reserva de balde no noso web:
- «Faraón. Rei de Exipto» | Inscricións
- «Os brancos segredos do seu ventre» | Inscricións


Santiago de Compostela, 06 de Abril de 2021
