Volve setembro e con el... BrincaGaiás!

Os máis pequenos da casa están de sorte porque en setembro volve á Cidade da Cultura o seu ciclo preferido: BrincaGaiás. Serán tres novos espectáculos que combinan imaxes, música e artesanía e que fará dos domingos o día preferido da semana.

Cucu Haiku: 29 de setembro

O regreso será o 29 de setembro con  Cucu Haiku, un espectáculo visual e poético pensado para nenos de 1 a 6 anos, unha metáfora poética coa que entender as transformacións e os cambios que experimentamos ao longo da vida.

Trátase dunha viaxe polo arco de vella na que coñecer os sete cores, as notas musicais, as catro estacións… Nunha linguaxe adaptada aos máis pequenos e cunha escenografía próxima á cultura xaponesa, Cucu Haiku non é máis que unha historia de amizade e solidariedade entre as cores do arco de vella e, de fondo, a metáfora da transformación.

O espectáculo terá lugar o domingo 29 de setembro no Centro de Innovación Cultural en dous pases: 12 e 17 horas. As entradas son dobres (adulto + neno) e xa están á venda en www.servinova.com e no Punto On da Cidade da Cultura a un prezo de 8 euros (máis gastos de xestión no caso de adquirilas na billeteira de Servinova).

Sensacional: 27 de outubro

BrincaGaiás volverá ao Centro de Innovación Cultural o domingo 27 de outubro cun espectáculo pensado para os máis pequenos. Bebés de entre 18 meses e 3 anos están convidados a xogar nunha gran pantalla branda instalada no chan e a deixarse levar polas imaxes e a banda sonora que se proxecte sobre eles. 

Será no espectáculo Sensacional, que contará con ata oito pases: 10:30, 11:15, 12:00, 12:45, 16:30, 15:15, 18:00 e 18:45 horas. O Gaiás converterase deste xeito nun espazo de sensacións audiovisuais para os máis pequenos: equipados cun vestiario de cor branca, os nenos deixaranse levar polo estalido de imaxes e sons que se propagan por todas partes, polo estalido que estas provocan e pola suxerente banda sonora, dando lugar a unha experiencia visual e sonora sorprendente.

As entradas son dobres (adulto+neno) e xa están á venda en www.servinova.com e no Punto On da Cidade da Cultura a un prezo de 8 euros (máis gastos de xestión no caso de adquirilas na billeteira de Servinova).

A man: 17 de novembro

O ciclo BrincaGaiás rematará a súa programación o domingo 17 de novembro a cargo dun personaxe moi especial. Será no espectáculo A man, unha historia contada con barro, cun pequeno protagonista con ganas de escapar, un escaparate e os seus inquilinos, unha historia de amor, unha historia de pequenos fracasos, un torno de alfareiro, unha taza que respira, dúas persoas con moitas ganas, unha diminuta alfarería e dúas mans que xogan. A man é un espectáculo pequeno, que cabe nun metro e medio e onde o espectador, que observa, está convidado a tomar un té.

A man tamén se celebrará no CINC en tres pases: 12, 17 e 18:30 horas. As entradas xa están á venda en www.servinova.com e no Punto On a un prezo de 5 euros cada ticket (máis gastos de xestión no caso de que se adquira na billeteira de Servinova).

En familia
Santiago de Compostela, 23 de Agosto de 2013