Unha exposición, cinco olladas para percorrela

O ciclo Arredor de Nós convidou a cinco especialistas para descubrir con eles as diferentes facianas da exposición Galicia, de Nós a nós, nunhas visitas en sala que agora podedes ver compiladas na nosa canle de youtube.

 

Navega pola playlist e descubre desde as pezas clave da mostra ás historias agochadas do día a día da revista, relatadas polos comisarios -Ana Acuña e Afonso Vázquez-Monxardín-. Desde a literatura de viaxes ao deseño da publicación, ou o devir das xentes de Nós trala desaparición da revista ás portas da Guerra Civil.

▶️Teatro, cine, radio e música na revista Nós, por Ana Acuña Trabazo, comisaria.

▶️ Un percorrido polas claves de Nós, por Afonso Vázquez-Monxardín Fernández, comisario.

▶️ Nós. Viaxes e literatura, por Olivia Rodríguez González, doutora en Filoloxía e profesora na UDC.

▶️ O deseño que hai en Nós, por Pepe Barro, deseñador e ilustrador.

▶️ O alento de Nós, despois de Nós, por María Xosé Fernández Cerviño, licenciada en Historia e en Arte pola USC e patroa do Museo do Pobo Galego.

Santiago de Compostela, 14 de Decembro de 2020