Dez anos medrando coa cativada | Biblioteca de Galicia

Volven as actividades familiaresá Biblioteca de Galicia!

 

A vosa cativada seguro devecía por argallar, crear e divertirse aprendendo coa cultura entre os andeis da Biblioteca de Galicia, que xusto este ano cumpre dez anos. Unha década na que non parou de programar actividades para os vosos pequenos e pequenas durante as fins de semana, para facelos sentir como unha segunda casa, onde seguir aliméntadolles o interese polos libros, pola lectura, polo teatro, pola arte, polo deseño, pola arquitectura, pola música e ata pola ciencia!

Agora en abril coa estreada primavera agromando, tamén xermolan actividades para eles e elas e tamén para os e as que gozades tanto, igual ou máis acompañándoos/as. E coma sempre, todas de balde, previa inscrición:

En familia
Santiago de Compostela, 31 de Marzo de 2021