Escenas do cambio'21 #aculturaésegura

Velaquí un resumo en imaxes do que foi Escenas do cambio 2021


O festival internacional de teatro, danza e arte en acción da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura de Galicia converteuse no primeiro destas características que se realizou en Galicia tras a pandemia esgotándose nos primeiros días á venda as entradas para os 11 espectáculos (+1 obradoiro), dez deles estreas provenientes de España, Portugal, Francia, O Reino Unido e O Xapón.

Por iso, queremos pórlle o peche dándolles os parabéns á directora do certame, Lola Correa, e ás compañías e artistas participantes pola calidade das súas propostas e pola ilusión e esforzo, xunto co público, en manter viva a programación cultural.

O cumprimento das medidas de seguridade sanitarias só mermaron/afectaron ao número de asistentes permitidos por función, pero en nada á entrega e aos aplausos. Grazas! #aculturaésegura

  • Vídeo: miramemira
  • Compañías/artistas de Escenas do cambio 2021: Matarile Teatro, Diego Anido,Begoña Cuquejo Suarez, Nuria Sotelo, Kirenia Martínez, María Roja, Clara Ferrão, Paula Quintas, Ana Matey, Julio Fer, Teatro Praga, Pedro Penim, ÚteroTeatro, Miguel Moreira, Sleepwalk Collective, Marc Caellas e  Diego G Torres
Santiago de Compostela, 27 de Maio de 2021