Visitar a Cidade

 

Visita a Cidade da Cultura

A Cidade da Cultura ábrelles as portas a todas e todos os cidadáns que a desexen coñecer. As persoas visitantes poderán acceder libremente aos espazos e percorrer os exteriores da Cidade da Cultura: desde as Torres Hejduk ata a praza central e os seus emblemáticos edificios. Ademais, o Gaiás dispón de programas de visitas guiadas para coñecer máis de preto este proxecto arquitectónico.

Apertura ao público do recinto

Horario xeral

De luns a domingo | 8:00 - 23:00 | Permítese o acceso en vehículo privado

Punto de Información e Atención ao Público

Museo Centro Gaiás, mostrador de entrada 
Luns a domingo | 10:00 - 20:00 h
Contacto: 881 997 584 / informacion.cdc[@]xunta.gal

Museo Centro Gaiás

Luns a domingo | 10:00 - 20:00 h
IMPORTANTE: As exposicións permanecen pechadas os luns
HORARIOS NADAL: 24 e 31 de decembro, aberto ata as 15:00 h | 25 de decembro e 1 de xaneiro, pechado
AVISO: O venres 12 de decembro, o Museo pecha ao público ás 18h

Edificio Fontán

Luns a domingo | 10:00 - 20:00 h

Biblioteca e Arquivo de Galicia

Sala de lectura: luns a domingo, de 09:00 a 21:00 h (excepto 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro: PECHADA).
Consulta de usuarios e investigadores: luns a venres, de 09:00 a 17:00 h (en agosto só ata as 15h).
Visita ás exposicións organizadas polo Arquivo e Biblioteca de Galicia: luns a domingo, de 09:00 a 21:00 horas.

Chegar ao Gaiás a pé

— Descarga aquí o plano de acceso e subida ao Gaiás a pé desde o centro da cidade

— Descarga aquí o plano da senda natural recomendada por Turismo de Santiago

 

Conexións en bus con Santiago

LIÑA 9: Luns- Venres laborais | Sábados mañá

Saídas desde Praza de Galicia:  

  • L-V laborables: 7:30 8:30 9:50 11:00 12:10 13:20 14:30 15:40 16:50 18:00 19:10 20:20 21:30 22:30
  • Sábados laborables: De 8:30 a 13:30 (cada 60 min.).

Saídas desde a Cidade da Cultura:

  • L-V laborables: 8:00 9:15 10:25 11:35 12:45 13:55 15:05 16:15 17:25 18:35 19:45 20:55 22:00
  • Sábados laborables: De 9:00 a 13:00 (cada 60 min.).

 + info Transporte urbano, Liña 9

 

LIÑA  C11: Sábados tarde | Domingos e Festivos

  • Prolongación a Viso / Multiusos (paso aproximado por Xeneral Pardiñas): 
    Sábados laborables, 17:30 19:45 20:00
    Domingos, festivos, 10:15 13:45 17:35 20:05

+ info: Trasporte urbano, Liña C11

 

Planos de acceso

 

Visitas comentadas

Achégate a coñecer a arquitectura da Cidade da Cultura de Galicia, deseñada por Peter Eisenman, os seus espazos verdes ou as exposicións que alberga o Museo Centro Gaiás da man do noso equipo de guías. Consulta a nosa oferta de visitas comentadas e reserva praza premendo AQUÍ:

➖ Visita guiada á exposición Mundo expandido. Entre o físico e o virtual | Preme AQUÍ para ver datas e reservar praza

➖ Visita guiada á exposición As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI | Preme AQUÍ para ver datas e reservar praza

➖ Visita guiada á exposición Francisco Asorey, unha recuperación necesaria | Preme AQUÍ para ver datas e reservar praza

➖ Visita arquitectónica á Cidade da Cultura de Galicia | Preme AQUÍ para ver datas e reservar a túa praza 

  • LEMBRA: Todas as exposicións do poden visitarse de balde e libremente. Só é necesario reservar praza/mercar entrada para as visitas comentadas cos guías do Museo.
  • Para calquera dúbida, consultar co Punto de Información da Cidade da Cultura no 881 997 584.

Coordenadas GPS

Latitude    42º 52' 13.02" N
Lonxitude  8º 31' 32.69" W