Accesibilidade

A Xunta de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais das webs das entidades públicas de Galicia sexan independentes dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, deseñados, construídos e actualizados para garantir a igualdade e a non discriminación no acceso das persoas usuarias, en particular das persoas con discapacidade e das persoas maiores.

A Unión Europea, na resolución do Consello de 25 de marzo de 2002, anima aos Estados membros a ter en conta a necesidade de que os contidos dixitais sexan accesibles e, seguindo esta recomendación, a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, dispón que as Administracións públicas adoptarán as medidas necesarias para que a información dispoñible nas súas páxinas de Internet sexa accesible a persoas con discapacidade e de idade avanzada, de acordo cos criterios de accesibilidade ao contido xeralmente recoñecidos, antes do 31 de decembro de 2005.

En coherencia con este obxectivo, o deseño da web Fundación da Cidade da Cultura realizouse tendo en conta as recomendacións de accesibilidade para as prioridades 1 e 2 da norma UNE 139803:2004

Última revisión de accesibilidade: 15 de marzo do 2013