Lolita Díaz Baliño | Primeira muller homenaxeada co Día da Ilustración

Este 2021 dedícase por vez primeira o Día da Ilustración a unha muller, Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1925-1963), artista multidisciplinar que foi unha relevante pintora e ilustradora e sorprendente e inxustamente esquecida durante anos.

Pertence a unha das familias máis ilustres da cultura galega, irmá de Camilio Díaz Baliño e tía de Isaac Díaz Pardo. Comezou a súa carreira artística moi nova como fotógrafa, mais axiña deu o salto á pintura. Converteuse nunha virtuosa do debuxo e acuarela. Colaborou en revistas como Céltica, Mariñana ou Galicia gráfica, onde representou a mulleres modernas e decididas.

O seu estilo combina o art decó con temáticas influenciadas polo pensamento rexionalista. Do seu traballo na editorial Nós quedan fermosas portadas.
 
Ademais de artista prolífica, destacou tamén como ensinante e formou a importantes artistas. En 1938 converteuse na primeira muller xunto con Carmen Corredoyra en formar parte da Real Academia Galega de Belas Artes.
 
Trátase dunha auténtica pioneira que desafiou as conviccións da época. Unha muller adiantada que abriu camiño para toda as que viñeron despois e por iso este merecido recoñecemento homenaxeándoa este 2021 e cunha exposición na Biblioteca de Galicia, na que se rescatan os seu traballos e que, neste momento podedes percorrer ver de xeito virtual
 

 
Exposicións & Intervencións
Santiago de Compostela, 10 de Febreiro de 2021