Día da Ilustración | Os Gaiás posibles

A Cidade da Cultura convertida nunha balea xigante, nunha fabulosa contorsionista ou bañada polo mar coas Torres Hejduk como faro.

Todas estas incribles vidas do Gaiás son posibles grazas ao maxín, creatividade e enorme talento das e dos ilustradores que colaboran ou teñen colaborado con nós, como Sr Reny, Cinta Arribas,Ivan R, Roi Fernández, David Sierra, Michel Casado, Julia Abalde, Carlos Arrojo, Nuria Díaz, Denis Galocha ou Bernardo Paz nas campañas da nosa programación cultural como Pequefilmes, Cidade Imaxinaria, Verán no Gaiás, Findes na Balea, Encontro de Artistas Novos (EAN), Nadal no Gaiás ou Escenas do cambio e Baile de Entroido, estas últimas xa ás portas neste finais de xaneiro e nas vésperas de comezar febreiro.

A todas e todos estes profesionais parabéns polo seu traballo e polo seu día! #DíadaIlustración #30xaneiro

Santiago de Compostela, 30 de Xaneiro de 2020