No Souto

Durante os meses de exposición da mostra Camilo José Cela 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade, a Cidade da Cultura puxo en marcha un programa didáctico no que escolares de toda Galicia, ademais de facer unha visita, podían participar no obradoiro de creación literaria Cóntame un conto. Da man do departamento de didácticas, os particpantes achegáronse a ferramentas básicas para diferentes procesos, creación de personaxes, estrutura narrativa... Hoxe ofrecémosvos un dos relatos creados polos alumnos de 5º de Primaria do CPi Aurelio Marcelino Rey García.

No souto

Un relato dos alumnos de 5º de Primaria do CPI Aurelio Marcelino Rey García

Un lugar con calor e dous ríos. O río da dereita ten unha ponte de madeira e o río da esquerda ten unha ponte de pedra. A ponte de madeira leva a un souto; a de pedra a unha aldea.

No medio do souto había alguén. Era una rapaza, descoñecida, que gardaba un segredo. Cantaba unha melodía que lle aprendera a súa avoa desaparecida. De pequena paseaban xuntas por aquel souto e agora aquelas árbores recordábanlle a ela. 

Ese día a nena deixou a aldea e nunca volveu.

Exposicións & Intervencións
Santiago de Compostela, 02 de Febreiro de 2017