Día do Libro 2021 no Gaiás!

Hoxe festexamos o Día do Libro, refuxio e compaña imprescindible en tantas situación!

Na Cidade da Cultura de Galicia comezamos a celebralo o pasado domingo coa versión en galego, musicada e en feminino do Quixote o premiado espectáculo «As enxeñosas do Fidalgo». E retomamos no mesmo día da efeméride coas actividades da Biblioteca de Galicia, que fai un agasallo lector todas as persoas que vos acheguedes ás súas instalacións (de 9 a 21 horas) .

Ademais, ás 19 horas, podedes participar nun encontro coa escritora Ledicia Costas quen revelará como e de que maneira deixou pegada na súa escrita unha obra referencia da literatura xuvenil en galego: «Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz.

Quedan prazas, bulide a coller as últimas. E no caso de que non poidades vir, seguídea en aberto e en liña pola nosa canle de Youtube

Letras & Pensamento
Santiago de Compostela, 23 de Abril de 2021