As exposicións que agardaban por vós | Reapertura Gaiás

Presta poder reincorporar ás exposicións da Cidade da Cultura de Galicia a lenda de «Abertas ao público» e poder volver contar con vós no Gaiás para que percorrades 'in situ':
 
➖ O interior das Torres Hejduk para a descuberta dun relato visual diferente da experiencia do Camiño de Santiago en plena pandemia: A distancia da imaxe
 
➖ A ampla entrada da Biblioteca de Galicia na que se vos amosa os logros dunha muller talentosa e inxustamente esquecida como foi a ilustradora Lolita Díaz Baliño; a importancia do escritor Pérez Lugín para Compostela; ou o indiscutible papel da prensa na sensibilización e consecución do rexeitamento social de calquera manifestación de violencia machista en Pobre Asunción!
 
➖ E o primeiro andar do Museo Centro Gaiás no que a través de 500 pezas procúrase reflectir todas As miradas de Isaac, mostra-homenaxe a Díaz Pardo, unha das figuras imprescindibles da  cultura galega do século XX 
 
Abertas tamén a fin de semana de 10 a 20 horas | www.cidadedacultura.gal/gl
Santiago de Compostela, 19 de Febreiro de 2021