Visita a Cidade da Cultura

A Cidade da Cultura ábrelles as portas a todas e todos os cidadáns que a desexen coñecer. As persoas visitantes poderán acceder libremente aos espazos e percorrer os exteriores da Cidade da Cultura: desde as Torres Hejduk ata a praza central e os seus emblemáticos edificios. Ademais, o Gaiás dispón de programas de visitas guiadas para coñecer máis de preto este proxecto arquitectónico.

Apertura ao público do recinto

Horario xeral

De luns a domingo | 8:00 - 23:00 | Permítese o acceso en vehículo privado.

 

Punto de Información e Atención ao Público

Museo Centro Gaiás, mostrador de entrada 
Luns a domingo | 10:00 - 20:00 h
Contacto: 881 997 584 / o.informacion@cidadedacultura

Museo Centro Gaiás

Luns a domingo | 10:00 - 20:00
AVISO: As exposicións pechan todos os luns

Edificio Fontán

Luns a domingo | 10:00 - 20:00

Biblioteca e Arquivo de Galicia

Sala de lectura: luns a domingo, de 09:00 a 21:00 h
Consulta de usuarios e investigadores: luns a venres, de 09:00 a 15:00 h
Visita ás exposicións organizadas polo Arquivo e Biblioteca de Galicia: luns a domingo, de 09:00 a 21:00 horas