Getting Contacts! ou como obter 10 novos contactos nunha mañá

“Ninguén se quere achegar a un loitador de sumo. Sonreíde!”. Juanjo Villalobos, especialista en técnicas de networking, explicaba  así a actitude precisa para xerar contactos de calidade aos 154 profesionais que esta mañá se achegaron ao Centro de Emprendemento do Gaiás para participar na xornada Getting Contacts!.

Este evento, organizado pola Cidade da Cultura e o Concello de Santiago, baséase nunha sinxela, pero efectiva metodoloxía para favorecer o networking, conectando a empresas con clientes, proveedores ou colaboradores.  

Cada un dos 154 participantes da edición do Gaiás contaba cunha axenda facilitada pola organización con un mínimo dez reunións  fixadas en función do seu perfil e das súas necesidades.  Con este fórmula, a organización asegura que tiveron lugar preto de 1.500 reunións de traballo nunha sola xornada.

“Cando vos presentes a un posible cliente, contade historias porque as historias se lembran, mentres que as características técnicas dun produto, se esquecen”. Este foi outro dos consellos de Juanjo Villalobos, na charla previa, na que para romper o xeo e crear ambiente convidou aos asistentes a colocar as mans nos ombreiros da persoa sentada diante e comenzar a darlle un masaxe.

As regras do Getting Contacts! son sinxelas. As reunións deben ser breves e dinámicas. Non máis de 12 minutos e sempre sentados: cara a cara. O código é tamén claro: as persoas sentadas están a traballar e non deben ser abordadas e as personas de pé están buscando contactos, o que signfica que están dispoñibles. Polo demáis, un pequeno dorsal con información básica e un código de cores, en función da experiencia en eventos deste tipo.

O Getting Contacts! enmárcase dentro da programación que está a organizar o Centro de Emprendemento do Gaiás para apoiar a todos aqueles que están a traballar no lanzamento dun novo proxecto.

Santiago de Compostela, 23 de Abril de 2015