Ningunha da vosa xentiña sen felicitación de Nadal!
Para iso, propoñémosvos que vos gravedes cantando este tan noso Canto de Reis, que xenerosamente nos interpreta Xesús Vaamonde [compañeiro musical de Xosé Lois Romero] para que lla enviedes á vosa familia e amizades e tamén á Cidade da Cultura de Galicia.
E por que tamén ao Gaiás? Porque con todas elas imos artellar unha vídeofelicitación colectiva para compartir nas nosas redes sociais!!
Ollo! Para que forme parte deste mosaico audiovisual debedes:
-- Enviárnolas á nosa caixa de correos virtual: onlinecidadedacultura@gmail.com
-- E facelo antes das 14:00 horas do 18 de decembro. A partir desa hora pechamos entregas. Devecemos por telas, pero contades con tempo!!
Seguro que este aloumiño, e máis se é musicado, vai axudar a mitigar as non desexadas pero necesarias distancias que a máis dun e dunha lles toca vivir nestes tempos. Facédello chegar.
- Organiza: Xunta de Galicia Cidade da Cultura de Galicia
- Montaxe do vídeo do Canto de Reis: miramemira
- Toda a programación premendo en Nadal no Gaiás 2020

Santiago de Compostela, 05 de Decembro de 2020
