Xa está publicada a listaxe definitiva cos nomes dos 40 creadores e creadoras emerxentes seleccionadas para participar no XIV Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia, #EAN14. Nesta residencia artística no Gaiás –que terá lugar entre o 25 e o 29 de agosto- poderán presentar o seu proxecto creativo, así como intercambiar experiencias profesionais con outros artistas emerxentes e consolidados, comisarios ou prensa especializada.
- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH

