Blog

 
Santiago de Compostela, 08 de Outubro de 2024

Durante a situación de alerta por vento e chuvia, pregamos ás persoas que visitan a Cidade da Cultura extremar a precaución e evitar acceder a zonas verdes do Gaiás como o Bosque de Galicia, o Xardín do Teatro ou o Parque do Lago, así como tampouco a áreas deportivas e parques infantís. Grazas.

Comentarios0
Santiago de Compostela, 27 de Setembro de 2024

O Bosque de Galicia eríxese nas ladeiras do monte Gaiás con preto de 12 mil árbores autóctonas. Carballos, espiños, pradairos, abeleiras, érbedos, freixos, ou faias que, cando o outono asoma, se converten nunha paraxe ideal para pasear devagar coa Cidade da Cultura ao fondo. Unha paisaxe que invita a confeccionar espazos nos que a arte dialoga coa natureza.

Comentarios0

Páxinas