Durante os meses de exposición da mostra Camilo José Cela 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade, a Cidade da Cultura puxo en marcha un programa didáctico no que escolares de toda Galicia, ademais de facer unha visita, podían participar no obradoiro de creación literaria Cóntame un conto. Da man do departamento de didácticas, os participantes achegáronse a ferramentas básicas para diferentes procesos, creación de personaxes, estrutura narrativa... De entre todos, queremos compartir este relato realizado polos rapaces do Club de Lectura de Noia.
- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH