Videofelicitación de Nadal no Gaiás

Ningunha da vosa xentiña sen felicitación de Nadal!
Para iso, propoñémosvos que vos gravedes cantando este tan noso Canto de Reis, que xenerosamente nos interpreta Xesús Vaamonde [compañeiro musical de Xosé Lois Romero] para que lla enviedes á vosa familia e amizades e tamén á Cidade da Cultura de Galicia.
E por que tamén ao Gaiás? Porque con todas elas imos artellar unha vídeofelicitación colectiva para compartir nas nosas redes sociais!!
 
Ollo! Para que forme parte deste mosaico audiovisual debedes:
-- Enviárnolas á nosa caixa de correos virtual: onlinecidadedacultura@gmail.com
 
-- E facelo antes das 14:00 horas do 18 de decembro. A partir desa hora pechamos entregas. Devecemos por telas, pero contades con tempo!!
 
Seguro que este aloumiño, e máis se é musicado, vai axudar a mitigar as non desexadas pero necesarias distancias que a máis dun e dunha lles toca vivir nestes tempos. Facédello chegar.
 
  • Organiza: Xunta de Galicia Cidade da Cultura de Galicia
  • Montaxe do vídeo do Canto de Reis: miramemira
  • Toda a programación premendo en Nadal no Gaiás 2020
 
En familia
Santiago de Compostela, 05 de Diciembre de 2020