Lolita Díaz Baliño | Primera mujer homenajeada con el Día de la Ilustración

Este 2021 dedícase por vez primeira o Día da Ilustración a unha muller, Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1925-1963), artista multidisciplinar que foi unha relevante pintora e ilustradora e sorprendentemente esquecida durante moitos anos.

Pertence a unha das familias máis ilustres da cultura galega, irmá de Camilio Díaz Baliño e tía de Isaac Díaz Pardo. Comezou a súa carreira artística moi nova como fotógrafa, mais axiña deu o salto á pintura. Converteuse nunha virtuosa do debuxo e acuarela. Colaborou en revista como Céltica, Mariñana ou Galicia gráfica, onde representou a mulleres modernas e decididas.

O seu estilo combina o art decó con temáticas influenciadas polo pensamento rexionalista. Do seu traballo na editorial Nós quedan fermosas portadas. Ademais de artista prolífica, destacou tamén como ensinante e formou a importantes artistas. En 1938 converteuse na primeira muller xunto con Carmen Corredoyra en formar parte da Real Academia Galega de Belas Artes.
 
Trátase dunha auténtica pioneira que desafiu as convicións da época. Unha muller adiantada que abriu camiño para toda as que viñeron despois e por iso este merecido recoñecemento homenaxeándoa este 2021 e cunha exposición na Biblioteca de Galicia, que neste momento podedes ver de xeito virtual

 

 
Exposiciones & Intervenciones
Santiago de Compostela, 10 de Febrero de 2021