
[**]

[**]
Na Cidade da Cultura contades desde este mércores, 15 de xaneiro, cun novo espazo de restauración, situado no Museo Gaiás, para atender o incremento de traballadores e visitantes ao complexo. Este novo servizo de restaurante-cafetería súmase aos actuais de: A Cantina do Gaiás [situada no edificio do Centro de Emprendemento] e a cafetería O Roupeiro [no edificio CINC]. Ademais, dispón de dúas terrazas: unha exterior e outra interior, situada no Hall de Tirantes do propio museo.