Fai exactamente hoxe dez anos, o 11 do 1 do 2011, a Cidade da Cultura de Galicia abría as súas portas ao público. Aquela mañá de xaneiro, os entón Príncipes de Asturias inauguraban a Biblioteca e o Arquivo de Galicia, os primeiros edificios en porse en marcha.


