Blog

 
Música & Escena
Santiago de Compostela, 14 de Outubro de 2011

Coñecer o artista máis alá da súa obra a través dun formato único: o retrato. Esta é a oferta de Diarios sonoros. Retratos musicais do século XX, ciclo vertebrado en oito sesións (de outubro a maio) que xirarán ao redor dun artista e unha temática, e onde se mesturarán concertos exclusivos, pezas audiovisuais e materiais gráficos, coa palabra e o diálogo nun escenario excepcional: a Biblioteca da Cidade da Cultura.

Comentarios0
Exposicións
Santiago de Compostela, 06 de Outubro de 2011

Século e medio de historia escrito á máquina. Esta é a dobre aprendizaxe dos alumnos de Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP que, desde o 3 de outubro e ata o 22 de decembro, participarán nas visitas didácticas vertebradas ao redor da exposición Typewriter. A historia escrita á máquina, instalada no edificio do Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura.

Comentarios0

Páxinas